CONVIVENCIA 25 DE MARZO
O próximo 25 de marzo realizaremos unha convivencia no CEIP Fogar con todo o alumnado de cuarto de primaria de ambos centros, co obxectivo de promover a convivencia, o respecto e a cooperación entre o alumnado de ambos centros, favorecendo a aprendizaxe compartida nun ambiente lúdico e enriquecedor. O alumnado terá a oportunidade de explorar e vivir diferentes manifestacións do patrimonio cultural de Galicia.
Contamos cos seguintes obradoiros: Ourive “o sapo” vínculo coa figura da muller, impartido por Carla Canedo Martínez. Obradoiro de baile tradicional, impartido por Hadrián García. Obradoiro de música tradicional “O ciclo do ano”, impartido por José Antonio Vázquez Martínez e o obradoiro impartido pola escritora Icía Varela, autora de “Cantareiras”.
Comentarios
Publicar un comentario