CONVIVENCIA 27 DE MARZO

O próximo 27 de marzo realizaremos unha convivencia no CEIP Bergantiños con todo o alumnado de terceiro de primaria deste centro e convidaremos ao CEIP Fogar, co obxectivo de fomentar o coñecemento e a valoración da cultura galega a través de experiencias activas e significativas. Contamos con obradoiros de baile tradicional impartido por Beatriz Mariño, pandeireta que o impartirá Iria López, tarrañolas coa axuda de José Manuel Salvado e a visita da escritora María Lado. A continuación, deixamos toda a información.

Comentarios

Entradas populares