OBRADOIROS NO CEIP FOGAR
O pasado martes, 25 de marzo, o alumnado de 4° de Educación Primaria participou nuns obradoiros enmarcados na nosa tradición musical e oral, tal e como vos contamos nunha entrada anterior.
Neste caso o alumnado do CEIP Bergantiños desplazouse ao CEIP Fogar, onde realizaron os seguintes obradoiros:
Obradoiro de baile tradicional, con Hadrián García; unha charla e posterior cante de coplas coa autora do libro "Cantareiras", Icía Varela; un obradoiro de música tradicional, con Jose A. Vázquez e, finalmente, outro de orfebrería, con “Carla alfaia”.
Deixámovos a continuación unha pequena mostra do ben que o pasou a rapazada:
Comentarios
Publicar un comentario